Principiñas e princesiños

Home / Proyectos actuales / Principiñas e princesiños

Principiñas e princesiños

Este vídeo que imos presentar fala de príncipes e princesas diferentes, principiñas: nenas dispostas a vivir aventuras, a reivindicar os seus gustos, a poder enfadarse e a saber que non precisan ser salvadas por príncipes. E princesiños, que están dispostos a expresar as súas emocións, cambiando o concepto de valentía, sabendo que hai cousas que nenos e nenas poden compartir e dando o protagonismo que perderon as nenas a través dos séculos.

Foi un pracer compartir todo este tempo con cada un dos nenos e nenas de 4º de Primaria. Aprendín moito… Que están dispostos a loitar pola igualdade, a correxir os adultos, a reivindicar os seus dereitos e a non permitir que ninguén estropee os seus sonos…. Encantaríame que isto que tantas veces foron capaces de transmitirme siga sendo cada día o o seu traballo.

Hoxe son eles e elas os protagonistas, os que a través das súas opinións acerca de como expresalas emocións, da importancia de romper cos estereotipos e de entender o amor a través dos contos, doutro xeito… van a axudarnos a reflexionar moito e ben.

Programa de prevención da violencia de xénero engadido dentro do Proxecto nAmorAndo, feito posible grazas ó apoio e a financiación da Concellería de Asuntos Socias e Iguadade do Concello de Pontevedra (grazas).

Recent Posts

Deja tu comentario

*